¿Vivendas para traballadores?

Os propietarios dos trinta e seis pisos, que no barrio de Caranza, na cidade de Ferrol, se viron afectados pola tormenta tropical “Gordon” decidiron ir pola vía penal contra a construtora e os promotores da cooperativa de vivendas. Vivendas de Vitra FerrolACS, foi quen levou adiante as obras de construción baixo o patrocinio de Vitra – GPS (Vivendas para traballadores, de CCOO). Cando aínda non foron avaliados todos os danos ocasionados polo “Gordon”, quedan os coches e as vivendas veciñas, os cooperativistas falan xa de máis de setecentos mil euros, so na parte que lles corresponde a eles. 

Quedaron sen tellado, a auga anegou todos os edificios, afectando aos ascensores, as paredes, ao sistema eléctrico, aos garaxes… e para máis inri, ninguén queríase facer cargo. Lamento a situación destas persoas. Son traballadores e non merecen que as súas inversións e desexos dunha vivenda digna se vexan truncadas. Pero, tamén lamento a actitude dos promotores. Eles tiñan que ter unha actitude moito máis acorde coas siglas históricas que representan. 

Hai que facer unha reflexión no conxunto do movemento sindical, de por qué iniciativas que son boas para o conxunto dos traballadores quedan escaralladas deste xeito. O sindicalismo de renuncia dun modelo solidario a favor da asunción dos parámetros da “liberdade de mercado”, están no fondo desta pésima xestión. Cando se utilizan os mesmos parámetros cas propias empresas acaban sucedendo cousas como estas.

O acontecido amosa un deterioro da práctica sindical que debilita as posicións dos traballadores. Afecta ademais ao conxunto dos sindicatos, que hoxe en día teñen, basicamente, os mesmos plantexamentos e xeitos de actuar. Quen ninguén tire a primeira pedra, porque lla poderían devolver acrecentada.

Unha volta ás orixes, de traballo por e para os traballadores, debera facilitar outro sindicalismo que é posible.

A SEPI e Astano baixo o feitizo de Penélope

(En español)

A reconversión naval segue a estar moi viva na comarca de Ferrol. Aínda, hoxe en día, non hai a tan desexada reindustralización. Basicamente, padecemos unha perda de capacidade productiva, de emprego, competitividade e de perda de poboación.

O feitizo de PenélopeNon me gusta que patrimonio social do conxunto dos cidadáns como son as empresas públicas e os seus activos pasen a mans privadas. O desprezo polo Sector Público e a intervención do Estado son un prexuizo ideolóxico dunha dereita económica oportunista ansiosa de rápidos e fáciles beneficios crematísticos.

Creo que é posible e desexable un potente sector público diversificado que reforce o Estado de Benestar e a Democracia Industrial. Ademais, a privatización ou segregación sempre pode derivar en especulación cunhos apetitosos terreos costeiros ou cunhas subvencións públicas que nunca se recuperan. Xunto cunha nula responsabilidade social da empresa privada.

Por iso, calquer proceso que leve a Navantia Fene, á antiga Astano, á segregación, a unha segunda privatización, debe facerse con todas as garantías que impidan outro fracaso en mans privadas.

Seguir lendo

A Bitácora do Nordés ten casa nova

Acabei a mudanza. Estiven un tempo ata aprender un pouco como funciona esta plantilla, e finalmente mudei de Bitacoras.com a WordPress. O día 20 de xaneiro fixen o derradeiro post en http://nordes.bitacoras.com; a partir de hoxe seguirei escribindo nesta nova ubicación.

Casa XogueteComo sabedes Bitacoras.com, ten desde hai bastante tempo moitos problemas, tanto para publicar, como para acceder e poder comentar. A verdade que eu estaba contento con aquela bitácora, pero así non se podía continuar. Tiven, ademais, a sorte de que ata hai pouco tiñan na núa equipa ao compostelán David Martínez, a así, entre o que un foi apredendo e os consellos que recibía, o certo é que lle din moito uso á bitácora.

Pero, agora xa estou nesta nova casa. Queda, obviamente, arreglar os erros propios da migración a este novo sistema, arreglar algúns enlaces e algunhas fotos (así como arreglar a nova edición en español: Bitácora Café). Terei que ampliar as categorías, xa que inicialmente estaba pensada para ter xuntos os artigos que fun publicando desde 1999 no Diario de Ferrol e pouco máis. Mais, esto foi collendo moito máis corpo. Un sabe como empeza, pero non sabe a onde lle poden levar os camiños. Ademáis, o falar non ten cancelas.

Así que perdón polas molestias e benvidos a esta nova singladura da Bitácora do Nordés.

Madrugada de Reis

“Hola rei, lembra comelas galletas. Bicos”. Este é a mensaxe que tiña no meu teléfono móbil á saida do traballo e pouco antes de regresar a casa de madrugada.

Hoxe, se é que algunha vez a tuvo, o Día de Reis xa non ten ningún significado relixioso. É sobre todo unha gran festa, non sei se para os nenos ou especialmente para os maiores que ollamos aos nosos fillos pequenos.

Aquí tamén vemos o exceso da Sociedade de Consumo. Un exceso de xoguetes, tantos que materialmente lles é imposible atendelos. E o laico e republicano Noel gañoulle a batalla nesto dos regalos aos tres Magos de Oriente. Sinxelamente, porque chega antes.

Unha vez, sendo un neno, descubrín no fallado da casa as bicicletas que nos debían traer os Reis Magos. Alporizado fun a contarllo á miña mai, mentres tanto a miña tía as cambiaba de sitio. Así que cando nos levaron ao meu irmán e a mín, para deixar clara a miña “equivocación” estas non estaban. Lembro a resposta que lle din á miña mai a pesar de que xa pasaron varias décadas: “aos nenos non se lles engana”.

Pregúntome, tendo en conta que o lúdico desta festa sempre pódese manter, senón sería mellor dicirlles aos nenos, que esto acontece sencillamente porque os queremos.

En español